Hoxe imos poñer o foco de atención na educación emocional, centrándonos especialmente en dous aspectos: como afecta a educación emocional que recibimos durante a infancia no noso futuro e o papel que xoga a educación emocional no ámbito escolar.
En primeiro lugar, cabe destacar o que é a intelixencia e a educación emocional. A intelixencia emocional, segundo Daniel Goleman, un investigador e xornalista que centrou a atención de todo o mundo, describe a intelixencia emocional como “a capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos e os dos outros, de motivarnos e de manexar ben as nosas emocións en nós mesmos e nas nosas relacións. É a capacidade de aproveitar as emocións da mellor maneira e combinalas con razoamento para chegar a bo porto”.
Por unha banda, é importante saber que as emocións son un impulso do noso sistema nervioso, que duran poucos segundos e as cales non podemos controlar; mentres que os sentimentos prolónganse durante máis tempo e pódense controlar en certa maneira. Por exemplo: se ti estás namorado dunha persoa podes focalizarche na parte positiva do que estás a sentir ou centrarche nos aspectos que menos che gustan, e isto fai que o sentimento se incremente ou diminúa. En tanto que, se ti por exemplo teslle medo a un can, por moito que trates de evitalo non vas poder suprimir esa tensión.
Doutra banda, a educación emocional é unha innovación educativa que responde a necesidades sociais non atendidas nas materias académicas ordinarias; segundo Rafael Bisquerra, licenciado en pedagoxía e psicoloxía, e gran promovedor da educación emocional no noso país.
Diversos autores e estudos confirman que, canto maior é o desenvolvemento emocional, maiores habilidades sociais, menor número de conflitos e condutas disruptivas, mellor convivencia escolar, mellor rendemento académico e, por tanto, mellor desenvolvemento integral do neno.
A educación emocional no ámbito escolar:
En 1993 nin sequera existía o termo de educación emocional, o cal foi introducido por Bisquerra a finais dos anos noventa. Desde este momento existiu un avance neste tema, pero isto é unha carreira de fondo na cal hai que estar a evolucionar e traballando constantemente. En España, inclúese a educación emocional no curriculum xunto co resto de contidos que se deben tratar no ámbito escolar, pero de maneira transversal; o que a primeira ollada parece que non é suficiente.
A diferenza doutros países, por exemplo Finlandia, nos cales existe unha materia específica sobre educación emocional, que se reflicte en diferentes situacións da vida cotiá. Por exemplo, que os/as nenos/as poidan ir andando sós desde unha temperá idade ao colexio sen temor a que lles pase nada malo. Isto é grazas ao respecto e civismo desa sociedade, que se transmite a través da educación nas súas diferentes vertentes, entre elas a educación emocional.
Ademais, cabe destacar que, ata 2016 só existía a materia de educación emocional na Universidade da Lagoa, en Tenerife, algo que cambiou co tempo, incluíndo esta materia en varias universidades do noso país.
As consecuencias da educación emocional na vida adulta das persoas:
Os/as nenos/as durante a infancia teñen unha maior plasticidade cerebral, polo que é o momento idóneo para sentar unha base sólida no tema da educación emocional. Aínda que é importante ter en conta que durante esta idade os/as nenos/as non van razoar o que lle estamos transmitindo; senón que unicamente repetirán os patróns que nós/as expoñámoslle de maneira mecánica. É durante a adolescencia, a etapa na que os/as nenos/as comezan a ter máis consciencia e a cuestionarse o que tratamos de ensinarlles, polo que esta sería a etapa máis crucial para traballar a educación emocional. Isto serviralle para enfrontar as diferentes situacións que se lle vaian presentando ao longo da súa vida. A través da educación emocional conseguimos que os/as nenos/as poidan entender o que senten en cada momento e que saiban como actuar #ante cada unha desas sensacións.
Unha persoa que reciba unha educación emocional de calidade desde a súa infancia vai poder xestionar mellor as adversidades que se lle presenten ao longo da súa vida. Por exemplo, #ante unha mala noticia, como podería ser suspender un exame; unha persoa que teña unha boa educación emocional vai ser capaz de afrontar este tipo de situacións con maior calma e vai poder sacar unha aprendizaxe delas. Mentres que, alguén que non recibise unha boa educación emocional durante a súa infancia é máis probable que se frustre e non saiba reaccionar dunha maneira adecuada.
Por último, pero non menos importante, cabe destacar que a través da educación emocional tamén se establece a empatía; algo esencial para entender como senten as demais persoas e para transmitir o que pensamos e sentimos de forma correcta, poñéndonos no lugar da outra persoa e tentando entendela.
Bibliografía
Verdisco, Aimee (2013). “Cómo las emociones de los niños afectan su aprendizaje”. IDB. Recuperado de: https://blogs.iadb.org/educacion/es/como-las-emociones-de-los-ninos-afectan-su-aprendizaje/
Recio, R. (2014). “Beneficios de la educación emocional en los niños”. ACV. Recuperado de: https://blogs.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/relacion-padres-e-hijos/2013-04-11/beneficios-de-la-educacion-emocional-en-los-ninos_204530/
Instituto Europeo de Educación (2019). “La importancia de la educación emocional infantil”. Recuperado de: https://ieeducacion.com/educacion-emocional-infantil/#:~:text=%2DEn%20un%20futuro%20será%20un,empat%C3%ADa%20y%20construyan%20relaciones%20solidas
Menendez, J., Romero, Julia. Telefónica. “Educación emocional, la asignatura pendiente en el aprendizaje del futuro”. Recuperado de: https://blogthinkbig.com/educacion-emocional
Ortiz, R. (2017).“La importancia de la educación emocional en el desarrollo integral del alumno de primaria”. Universitat de les Illes Balears. Recuperado de: https://dspace.uib.es/xmlui/bitstream/handle/11201/3952/Ortiz_Lopez_Raquel.pdf?sequence=1&isAllowed=y
Torres, A. (2017). “Sin educación emocional no sirve saber resolver ecuaciones”. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2017/01/27/actualidad/1485521911_846690.html
Morón, Mª C., (2010). ” La inteligencia emocional en la infancia”. Temas para la educación, revista digital para profesionales de la enseñanza. Recuperado de: https://www.feandalucia.ccoo.es/docu/p5sd7369.pdf