Como debemos enfrontarnos a un comportamento inadecuado dos/as nosos/as fillos/as? É o castigo o método máis eficiente? Existen outros menos duros e máis eficaces? Xa falamos noutras ocasións do difícil que é a tarefa de educar ós/ás fillos/as, pero ciencias como a psicoloxía e/ou a pedagoxía poden axudarnos a transitar por este camiño, proporcionándonos ferramentas que podemos ir probando e axustando ás nosas necesidades. Sería interesante recibir unha formación neste sentido?

A teoría do condicionamento operante de Skinner é un dos exemplos disto e dela imos falar neste post. Esta teoría está baseada na aprendizaxe asociativa e, centrándose na relación de conduta-consecuencia, preséntanos unha serie de ferramentas para modificar os comportamentos en base a continxencias ou consecuencias. Falaremos a continuación máis en detalle dalgunhas delas.

O reforzo

O reforzo fai referencia a aquel estímulo que presentado de forma concreta tras a emisión da conduta aumenta a posibilidade de conseguir a resposta esperada. Así explicado de forma tan teórica parece algo complexo, pero non deixa de ser algo tan sinxelo coma utilizar o reforzo para aumentar as probabilidades de que unha conduta sexa levada a cabo, ben sendo algo novo vaise aprendendo ou unha conduta que se quere manter ou aumentar a súa frecuencia.

A aplicación do reforzo debe levarse a cabo seguindo unhas pautas para que non se volva algo contraproducente. Se non o aplicamos ben pode dar lugar a nenos/as que basean unicamente o seu comportamento na posible recompensa e nos cales a non obtención da mesma de lugar a un empeoramento da conduta. Comentámosvos algunhas claves que quizais vós poidan axudar á hora de aplicalo:

    • É importante que esas recompensas non sexan exclusivamente materiais, de feito as recompensas sociais son máis eficaces e duradeiras. Non existe mellor reforzo para os/as nosos/as fillos/as que a atención dos seus pais e todo o tempo que lles podades adicar 😀estrategias educativas refuerzo
    • Igualmente o reforzo non se debe basear só en recompensas tanxibles. En ocasións adicamos moito tempo a dicirlles unicamente o que fan mal e moi pouco en dicirlles o que fan ben, o cal pode resultar moito máis eficaz. Expresións coma estou moi orgulloso/a de ti, dicirlle o ben que se porta ou que maior está pode dar lugar a grandes melloras na conduta dos/as pequenos/as.

 

  • Se o reforzo se produce de forma inmediata a información chega mellor, xa que lle informa ó/á neno/a inmediatamente de que a súa conduta é correcta. Pero é importante que a medida que se vai adquirindo a conduta o intervalo de tempo entre as respostas e as aplicacións do reforzo, así como entre os distintos reforzos, aumente. Non debemos caer no erro de inculcarlles que a única motivación para ter unha boa conduta é unha recompensa inmediata determinada.
  • Tamén resulta moi importante adicarlle tempo a elixir o reforzador axeitado. Se a recompensa é sempre a mesma co paso do tempo será totalmente ineficaz. Igualmente, se a recompensa é desproporcionada desvirtuase o papel que xoga na transformación da conduta, ten que existir certa proporcionalidade.

 

Unha técnica moi visual para a aplicación de reforzo cos máis pequenos/as é a Economía de Fichas, un xeito divertido de modificar a conduta a través da obtención de puntos onde o consenso e o diálogo é clave. En seguintes artigos entraremos a falar en detalle sobre está técnica e de como aplicala dun xeito eficaz.

O castigo

O castigo consiste na aparición dun estímulo negativo como consecuencia dunha resposta dada, buscando eliminar unha conduta a base de sancións. Por exemplo, se un/unha neno/a non recolle a súa habitación impídeselle ir ó parque cos/as seus/súas amigos/as.

estrategias educativas castigo

O castigo é un método bastante habitual e na maioría dos casos podemos comprobar a súa pouca eficacia. Moitas veces os malos comportamentos dos/as nenos/as veñen dados por unha necesidade de chamar a atención. Será por iso que o reforzo é máis eficaz que o castigo? Pois implica máis adicación e tempo cos nosos/as fillos/as.

Nós apostamos pola aplicación do reforzo e nas nosas clases tamén fomentamos o reforzo entre iguais a través do Maker da Semana, unha dinámica onde o noso alumnado realiza un exercicio de empatía e reflexión cos seus compañeiros/as para premiar a súa participación e compañeirismo na clase.

estrategias educativas equipo
Pero non podemos rematar este post sobre a conduta sen facer referencia ás normas. Sen dúbida detrás dun bo comportamento se atopan normas claras, argumentadas e negociadas. Se os/as nenos/as entenden as normas e incluso forman parte da súa elaboración é moito máis probable que as cumpran e que os seus comportamentos sexan mellores. Para nós a clave está no diálogo e no entendemento, por iso o primeiro día de clase elaboramos as nosas normas cos/as nosos/as pequenos/as 😀