Ludoteca Maker
Este verán volve a Ludoteca Maker, un espazo de diversión onde os/as nenos/as de 5 a 14 anos non só xogarán, bailarán e se reirán, senón que ademais aprenderán robótica, programación, deseño de videoxogos, ciencia ou impresión 3D. Contaremos con actividades adaptadas ás diferentes etapas do desenvolvemento.
Onde e cando?
En Santiago (Rúa do Tambre nº 61 Baixo) do 23 de Xuño ata o 9 de setembro.
Escolle as semanas ou días soltos que precises, con horario de 9:00 a 14:00 con posibilidade de amplialo de 8:30 a 14:30.
- Semana: 170€
- Semana a maiores: 149€
- Semana 4 días: (21, 22, 23, 24 xullo e 11, 12, 13 e 14 agosto): 136€
- Semana 4 días a maiores: 123€
- Día solto: 39€
- Ampliación de horario: 9€/día
E lembra que se o/a teu fillo/a xa é alumno/a de VermisLAB terás un desconto do 15%. Oferta aplicable tamén no caso de asistir irmáns ou irmás.
Coñece o interior das nosas instalacións pinchando aquí.