Moito se falou acerca da conveniencia ou non de que  @s peques vaian a actividades extraescolares. En certa medida demonizouse e acrecentouse o medo a que @s nen@s se  estresen ante tantas horas de actividades. Como todo nesta vida en VermisLAB cremos que hai que atopar o equilibrio, non debemos pasarnos completando cada hora libre d@s pequen@s con actividades, hai que deixar marxe para o xogo libre e o descanso. Pero o que si temos claro é que as actividades extraescolares teñen numerosos beneficios para eles, se queres descubrilos non tes máis que seguir lendo. 😉

As actividades extraescolares melloran o rendemento académico

actividades extraescolares electronica

Diferentes estudos demostraron que as actividades extraescoalres (ben sexan recreativas, cognitivas ou que combinen ambas as) melloran o rendemento académico de @s nen@s (Cladellas, Clariana, Badia e Gotzens, 2013). Ademais, @s que realizan actividades de estudo, de apoio ou de tipo deportivo e académico ven especialmente favorecidos (Moriana, Alós, Alcalá, Piñeiro, Herruzo e Ruiz, 2006).

Pero, como diciamos ao comezo, é cousa de equilibrio, porque se nos pasamos e as actividades levan máis de 10 horas e media á semana os resultados serán peores (Cladellas et al., 2013).

As actividades extraescolares teñen un impacto no desenvolvemento cognitivo e social

actividades extraescolares ciencia

E non é que o digamos nós, afírmano diferentes organismos internacionais como a UNESCO ou a OCDE. Concretamente demostrouse que a participación en actividades extraescolares fai que nenos e nenas melloren as súas habilidades psicosociais como a autoestima ou a identidade (González, 2016), ademais da competencia social (Molinuevo e Torrúbia, 2008). Ademais disto tamén se observou un incremento das competencias  psicoemocionales, mellorando a autopercepción ou a seguridade propia (González, 2016).

A participación en actividades extraescolares mellora a saúde mental

Aínda que a relación é diferente en función de se falamos de nenos ou nenas, por norma xeral a participación en actividades extraescolares mellora a saúde mental. No caso dos mozos mellora as relacións cos iguais, mentres que nas mozas hai un maior nivel de saúde mental xeneral, mellores competencias a nivel social e maior rendemento académico (Molinuevo e Torrúbia, 2008).

As actividades extraescolares protexen ante condutas de risco

actividades extraescolares robotica

Pois así é, que os nenos e nenas ou adolescentes participen en diferentes actividades extraescolares pode actuar como un factor de protección, é dicir, axuda a que non participen en condutas de risco como o consumo de alcol e outras drogas (González, 2016).

As actividades extraescolares e a conciliación

Finalmente, aínda que non é un beneficio en si para @s peques, si o é para os papás e mamás que tratan de conciliar a súa vida laboral e familiar. Neste sentido as actividades extraescolares proporcionan unha marxe de tempo no que pais e nais asegúranse de que os/as seus/súas fill@s están segur@s e atendid@s, á vez que aprenden e divírtense, mentres continúan as súas xornadas laborais.

Consellos para que as actividades extraescolares non resulten estresantes

actividades extraescolares programacion

E se os beneficios non terminaron de convencerche déixanos que che axudemos a conseguir que a elección de actividades extraescolares non se converta nun sufrimento. En primeiro lugar, como comentamos ao comezo deste post, é importante organizarse e cadrar ben os horarios, deixando oco ao xogo e ao descanso. O ideal sería poder combinar as actividades ao longo da semana para non ter un atracón de actividades nun só día, así nun mesmo día haberá tempo para ir ao colexio, facer os deberes, participar en actividades extraescolares, xogar, pasar tempo en familia e descansar.

E outro punto, tanto ou máis importante que o anterior, é procurar que as actividades extraescolares motiven ós/ás peques, deben ir porque lles gusta ou lles interesa, non como unha obrigación, xa que deste xeito poderiamos estar a xerar tensión. É importante falar con eles e acordar a que actividades irán.

Se despois de ler todo isto xa tes claro que queres apuntar ao teu peque a algunha actividade extraescolar en  VermisLAB dámosche a elixir entre 4: minimakers (a partir de 4 anos),  biomakers (a partir de 6 anos),  (a partir de 8 anos) ou makers (a partir de 8 anos), aquí vos esperamos! 🙂

 

Referencias bibliográficas:
Cladellas, R., Clariana, M., Badia, M. y Gotzens, C. (2013). Actividades extraescolares y rendimiento académico en alumnos de primaria. European Journal of investigation in Health, Psychology and Education, 3(2), 87-97. Doi: 10.30552/ejihpe.v3i2.38
González, S. (2016). ¿Qué impacto tienen las actividades extraescolares sobre los aprendizajes de los niños y los jóvenes? Recuperado el 4 de septiembre de 2018 de http://www.ivalua.cat/documents/1/20_10_2016_07_42_35_actividadesextraescolares_CA_191016.pdf
Molinuevo, B. y Torrúbia, R. (dir.) (2008) Actividades extraescolares y salud mental: estudio de su relación en población escolar de primaria. Bellaterra: Universitat Autònoma de Barcelona.
Moriana, J. A., Alós, F., Alcalá, R., Pino, M. J., Herruzo, J. y Ruiz, R. (2006). Actividades extraescolares y rendimiento académico en alumnos de educación secundaria. Revista electrónica de investigación psicoeducativa, 4(8), 35-46. Doi: 10.25115/ejrep.v4i8.1179