Evanxelista do software libre e enganchado á consola GNU/Linux

No mundo real son Rafa Couto, no virtual son caligari. Levo toda a miña vida útil traballando cos ordenadores e dende hai uns anos descubrín o hardware libre con Arduino, que me abriu un mundo de posibilidades ao poder aplicar programación para interactuar co mundo real a través de dispositivos electrónicos.

Tamén son membro das asociacións Bricolabs de A Coruña e Recuncho Maker de Compostela onde aprendo e comparto coñecemento cos demais membros inquedos.