“Gozo da investigación e a experimentación, pero o que máis me apaixona é adaptar coñecemento técnico científico para a educación das novas xeracións”

Curiosa por natureza, Paz é licenciada en Farmacia e especializada en microbiología pola universidade da Coruña. Realizou o máster europeo de formadores e posúe tamén o máster en márketing e dirección de empresas.

Realizou numerosos cursos nacionais e internacionais vinculados ao campo da farmacia e a microbioloxía como cursos de análise clínica, dietética e nutrición (Colexio de farmacéuticos) ou de formación de produto (Schering-Plough).

Na actualidade está centrada en crear novas experiencias educativas a través do deseño de obradoiros, actividades e campamentos temáticos dentro do proxecto VermisLAB.

A nivel profesional traballou entre outros como directora técnica de investigación e desenvolvemento de nutraceúticos na universidade de Santiago de Compostela e en empresas como o laboratorio Schering-Ploug, Gilead Sciences.

Paz Picallo