No mundo actual xa non se pode entender a vida diaria sen o uso de diversas tecnoloxías, as cales cambiaron por completo a forma de traballar, xogar ou aprender. Isto produciu un cambio social sen precedentes que transformou todos os sectores, entre eles o da educación.

Así, nos últimos anos, vimos como diferentes tecnoloxías como a programación, a impresión 3D ou a robótica se comezaban a introducir no sistema educativo, chegando cada vez a idades máis temperás.

tecnologias en educacion impresion 3D

Que achegan estas tecnoloxías na educación?

Cremos que as tecnoloxías comentadas anteriormente achegan moitos aspectos positivos tanto ós  alumn@s como á sociedade, algunhas delas son:

Motivación. Isto débese en gran parte á novidade que representan, o que inevitablemente estimula a curiosidade d@s  alumn@s.

Desenvolvemento creativo. Estas tecnoloxías abren un mundo de posibilidades @s  nen@s xa que lles permiten levar a cabo todas as súas ideas, o que tamén repercute no punto anterior.

Maior axilidade. Aínda que é un punto onde os profesores podemos facer moito, cada vez  @s nen@s necesitan máis o logro rápido e teñen menor tolerancia á frustración, por iso as ferramentas educativas teñen que ser áxiles e adaptarse aos novos perfís de alumnado. Este é sen dúbida un dos puntos fortes destas tecnoloxías.

Persoal cualificado. A asimilación destas tecnoloxías na etapa educativa vai facilitar nun futuro a incorporación ao mercado laboral como persoal cualificado a  moit@s nen@s que hoxe están no colexio e que no futuro traballarán programando, con impresoras 3D ou robots.

Son imprescindibles as tecnoloxías na educación?

En VermisLAB consideramos que os obxectivos da educación deben estar na intelixencia emocional, o traballo en equipo, o desenvolvemento creativo, a resolución de problemas, o pensamento científico, a sustentabilidade ou a comunicación, non na tecnoloxía en si mesma.

Con todo se enfocamos esa tecnoloxía como unha ferramenta para conseguir os obxectivos anteriores entón si que a consideramos imprescindible.

Cremos que é importante resaltar isto xa que, moitas veces como pais e nais, obsesionámonos co obxectivo de que os nos@s fill@s aprendan tecnoloxía e non nos damos conta de que a tecnoloxía sen todo o que comentamos antes non ten sentido.

tecnologias en educacion trabajo en equipo

Que tecnoloxías marcarán o futuro da educación?

Non temos unha bola de cristal para adiviñar o futuro pero todo parece indicar que ademais das comentadas anteriormente, hai unha tecnoloxía que pode cambiar radicalmente a forma na que educamos @s nos@s  nen@s, esa é a realidade virtual.

tecnologias en educacion realidad virtual

Aínda que non é unha tecnoloxía nova, no últimos dez anos experimentou un desenvolvemento moi rápido e como outras democratizouse, facéndoa accesible ao público xeral.

A realidade virtual pode completar o proceso de transformación dixital polo que estamos a atravesar a nivel social e educativo e obrigar a reformularnos totalmente a forma de transmitir información e de interactuar c@s nos@s  alumn@s. Poderanse experimentar moitas máis cousas en menos tempo, os contidos poderán ser moito máis atractivos e o impacto dos mesmos moito maior.

Sen dúbida a realidade virtual vai ser unha ferramenta clave no futuro, pero só iso, unha ferramenta 🙂