A realidade aumentada está a incorporarse á nosa vida aos poucos. Na nosa contorna levámola usando bastante tempo dadas as vantaxes que ten, como xa explicamos no noso post realidade aumentada na educación, que axuda a reter conceptos e a aumentar a motivación nos nenos e nenas. Por iso neste post queremos ensinarvos as mellores aplicacións de dispositivos portátiles que conteñen realidade aumentada para a axuda na educación dos nosos pequenos e pequenas.

Aplicacións de debuxo e creatividade 

Empezamos coas aplicacións para os/as máis pequenos/ as, nas cales poderemos debuxar encima de obxectos do mundo real e deixar a nosa creatividade fluír. A primeira que recomendamos é a aplicación Paint draw ARcoa que poderemos debuxar no aire e, ademais, movernos por todo o espazo dispoñible e que os nosos deseños permanezan na nosa habitación mentres deseñamos noutro lugar. Con esta aplicación os nenos e nenas poderán debuxar sobre cousas do mundo real e desenvolver a creatividade engadindo elementos a obxectos reais. Potenciaremos tamén a visión tridimensional dado que os debuxos que se fagan se poden ver nas 3 dimensións sacando aos nenos e nenas do mundo do debuxo bidimensional tradicional.

Seguindo coas aplicacións de debuxo e creatividade atopámonos cunha que se inicia como unha especie de rede social de debuxo, Wallame. Esta aplicación permítenos crear os nosos debuxos nos muros da nosa casa, barrio ou cidade coma se de graffitis se tratase. Estes debuxos serán visibles por todos os usuarios da app que enfoquen as súas cámaras cara ao lugar onde se debuxou, de tal modo que todo o mundo pode contemplar os debuxos que os/s pequenos/as debuxen. Isto achégalles aos/as peques ese toque de expresión a nivel público ao saber que os seus debuxos non só serán vistos pola súa contorna próxima, senón por persoas que nin sequera coñecen.

 funcionamiento de la app Wallame

Fonte: CETL blog

Atopamos tamén nesta categoría unha aplicación que nos axudará a desenvolver as habilidades motrices á hora de debuxar. Esta aplicación é Sketch AR. Esta aplicación superponnos virtualmente un debuxo sobre o papel no que imos debuxar polo que poderemos simplemente seguir as liñas que nos marca a realidade aumentada. É moi útil usar un soporte para o teléfono ou tableta para que o debuxo non se mova mentres debuxamos. Esta aplicación contén cursos e consellos para aprender a debuxar. Ao seleccionar o debuxo que queremos vai facendo debuxar os pasos do bosquexo inicial e logo engadindo os detalles para terminar o debuxo. Os nenos e nenas poderán logo extrapolar esas habilidades a calquera debuxo que queiran realizar.

Aplicacións de medición

Hai outra categoría de aplicacións que nos axudan na nosa vida cotiá e que poden ser utilizadas tanto por adultos como polos máis pequenos/as, as  apps de medición. Nesta categoría ensinámosvos as dúas que máis nos convencen á hora de poder usarse nas clases. A primeira é Aruler, que nos permite medir distancias no mundo real sen ter que usar unha regra ou cinta métrica, tamén podemos medir o ángulo entre dúas cousas ademais da distancia que as separa. Isto axuda aos/as nenos/as a ter consciencia das medidas numéricas e a que empecen a poder estimar e percibir dimensións de cousas. A outra é dos mesmos  desarrolladores e é AR Plan 3D, que é moi similar pero para obter os planos dun espazo como unha habitación ou unha aula. Logo poden imprimir eses planos e tentar decorar os espazos con obxectos que mediron antes e saber se teñen espazo suficiente para poñelos onde eles/as queren. Estas aplicacións axudan á visión espacial dos/as peques e a obter a capacidade de estimar e prever problemas de espazo futuros sen ter que facelo fisicamente cos obxectos.

funcionamiento de la app Augment.

Fonte: GRYMALA, Youtube

Aplicacións de recoñecemento

Unha aplicación que tamén pode ser de utilidade tanto para os/as pequenos/as como para maiores é a aplicación de tradutor de Google, que incorpora unha ferramenta de realidade aumentada coa cal podemos apuntar a cámara a un texto en calquera idioma e tradúceo ó idioma que elixamos, superpoñendo o texto na mesma tipografía, deste xeito os/as rapaces/as poden aprender novos idiomas co engadido de motivación que supón a realidade aumentada.

 funcionamiento de la app Traductor de Google.

Fonte: WWWhatsnew, Youtube

Seguindo con aplicacións de Google metémonos no mundo da información ou detección de cousas coa aplicación Google Lens, a cal realiza unha procura en Google do obxecto ao que nós apuntemos coa cámara do dispositivo despois de identificalo. Podemos obter información dun animal, ou saber que marca de coche é o que estamos a ver. Isto axuda aos/as máis pequenos/as a poder obter información de cousas das que non coñecen nin o nome, así mesmo adquiren habilidades para filtrar a información que se lles ofrece e a buscar noutras fontes para contrastala.

Aplicacións de interacción de obxectos

Por último temos as aplicacións que nos ofrecen a posibilidade de incorporar obxectos ao noso mundo real e  interaccionar con eles. Unha destas apps é Quiver, a cal mediante padróns impresos en papel permítenos colorear diferentes obxectos e logo velos e  interaccionar con eles en realidade aumentada, coas cores que nós usamos. Outras apps como Augment tamén nos permite interaccionar con obxectos da súa extensa librería ou mesmo engadir obxectos en 3D deseñados por nós/as, así os/as máis pequenos/as poden ver en realidade aumentada os seus propios deseños.

 funcionamiento de la app Augment.

Fonte: PCMAG

Nesta categoría tamén temos aplicacións que nos achegan a cousas que non temos ao noso alcance. É o caso da app Star Walk 2, coa que podemos achegarnos ás estrelas e coñecer que constelacións estamos a ver e toda a información delas, como as estrelas que as compoñen, con só apuntar a cámara ao ceo. Algo similar ocorre con Solar System Augmented, que nos permite colocar todo o sistema solar encima do noso escritorio e que nos podamos achegar a calquera planeta mostrándonos toda a información sobre el. Tamén podemos achegarnos a civilizacións extintas con  apps como civilisations AR BBC a cal nos permite ver artefactos de civilizacións antigas e explicarnos as historias que estes artefactos viviron.

funcionamiento de la app Star Walk 2

Fuente: TAPSMART

Como vemos, temos infinidade de aplicacións que grazas á realidade aumentada nos poden axudar a educar aos/as máis pequenos/as ao mesmo tempo que se divirten aprendendo. 🙂