Se durante este verán tes a sorte de ir á praia cos máis peques, traémosche un post tan interesante como útil para seguir potenciando as vocacións STEAM 😉

Experimentación científica entre ondas e area

A praia pode converterse nun espazo fascinante para a aprendizaxe e o descubrimento, desde un laboratorio de enxeñería ata un museo de arte. Os nenos/as poden traballar todas as competencias e autocoñecerse mentres se divirten rodeados de natureza. Ademais, os adultos podemos contaxiarnos deste gozo!

Familia jugando en la playa

Gustaríavos crear vosa propia praia e levarvos a casa un recordo deste verán dentro dunha botella? Soamente necesitarás un pouco de aceite corporal, un chisco de colorante ou témpera de cor azul e unha botella transparente á que lle daredes unha nova vida.

Para levar a cabo este experimento, en primeiro lugar, débese encher un pouco máis da metade da botella con auga e diluír o colorante nela. A continuación, engadirase un cuarto de area mollada e, sobre ela, algúns tesouros mariños. Por último, completarase o espazo co aceite e será neste momento cando os peques comezarán a observar que o aceite e a auga non se mesturan debido a que teñen densidades diferentes.

Será interesante preguntarlles por que cren que sucede este fenómeno e explicarlles que a densidade é unha propiedade física que non permite mesturar estes dous líquidos.

Despois de observar o movemento no interior da botella, descubrirán que se a colocan en posición horizontal, o aceite quedará na zona superior e, debaixo, estará a súa praia.

Botella con area, aceite e auga

Fonte:Metemos el mar en una botella

Crear un reloxo de sol

O reloxo solar é un instrumento que se leva a empregar séculos para medir o tempo. A Terra vira ao redor do sol e con este reloxo, podemos saber a hora aproximada na que nos atopamos. Trátase dunha actividade perfecta para aprender sobre o paso do tempo e observar en primeira persoa como se vai movendo o sol.

Coa axuda dun pau que o/a neno/a deberá enterrar un pouco na area e doce pedras ou cunchas que marquen as horas, conseguirá crear o seu reloxo. Fascinaralle ver como a través da sombra do pau vaise marcando a hora.

Fabricar un mandala

Con esta actividade dotamos á clásica recollida de pedras, plumas e cunchas, ou mesmo de plásticos, dun carácter artístico. Os nenos/as colleitarán todo tipo de materiais naturais ou plásticos que atopen na praia para crear unha composición que teña equilibrio visual e que poderemos utilizar para traballar conceptos matemáticos, secuenciación, seriación…

En primeiro lugar, deberán trazar os campos simétricos ao redor dos que se colocarán as pezas e finalmente, dispoñer os elementos de forma ordenada. Poderán crear unha infinidade de estruturas dinámicas nas que estarán a traballar tanto o sentido estético e creativo como a exploración da contorna.

Facer un mandala na praia é perfecto pola tranquilidade que achega o mar, o seu cheiro, o seu son, a brisa… Todo isto favorece a creatividade dos nenos/as.

Mandala feito con cunchas

Pictionary na area

Deberedes dividirvos en dous equipos. O equipo 1 diralle ao 2 o que debe debuxar e mentres un dos integrantes do equipo 2 debuxa, os demais deberán tentar adiviñar de que se trata. Poderanse realizar tamén esculturas empregando area mollada.

Se se controla o tempo das quendas de cada equipo será aínda máis emocionante.

Neno xogando na praia

Expedición científica explorando piscinas naturais

Cando baixa a marea créanse pequenas piscinas entre as rocas e son perfectas para investigar que seres vivos se atopan nelas. En Galicia, sobre todo nas rías baixas, nótanse moito as mareas xa que, con baixamar, queda ao descuberto unha gran parte da praia. Neste momento poderase atopar unha gran diversidade de vida mariña e observar con atención pequenos ecosistemas mariños.

O experimento será aínda máis emocionante para os nenos/as se teñen unha lupa coa que poidan fixarse nos pequenos detalles de cada especie. Traballarán a curiosidade e isto motivará a súa concentración.

Bibliografía

Mami Experimentos. (2020, Junio). Experimentos científicos que puedes realizar en la playa durante el verano. https://mamiexperimentos.com/blog/experimentos-cientificos-que-puedes-realizar-en-la-playa-durante-el-verano/ 

Educo. (2018, Agosto). 26 actividades infantiles para disfrutar con los niños en la playa.

https://cutt.ly/KLXXaqn

El País. Lucas, B. (2020). Cinco planes para explotar con los niños las horas de sol y mar. 

https://elpais.com/educacion/2020-07-28/cinco-ideas-para-explotar-con-los-ninos-las-horas-de-sol-y-mar.html