Paseando por Santiago rapidamente dámonos conta de que nos atopamos nunha cidade cunha ampla oferta cultural. É fácil atopar música en directo un día calquera, exposicións temporais en galerías de arte, festivais de cine, conferencias, presentacións de libros, concertos e moito máis. E iso é xenial, con todo, a oferta cultural científico-tecnolóxica non é tan abundante coma nós quixeramos. Aínda así, deixámosvos unha selección das nosas recomendacións para satisfacer a curiosidade neste eido.

Actividades científico-tecnolóxicas en Compostela

-É imprescindible a visita ao Museo de Historia Natural, situado nun dos parques con máis encanto de Santiago, o Parque Vista Alegre. No museo atopamos, entre outras, as exposicións permanentes da Biodiversidade terrestre e mariña onde podemos ver infinidade de exemplares fascinantes, desde o raposo ao rei da selva. Ademais, o museo tamén ofrece actualmente unha exposición temporal gratuíta sobre a Vespa velutina que merece unha visita.

-Nos meses de verán recomendámosvos asistir ás visitas astronómicas que teñen lugar no Gaiás coa colaboración do Observatorio Ramón María Aller en Santiago. Durante unhas horas poderedes descubrir a maxia das estrelas e con planisferios, telescopios e axuda de monitores poderedes ver a lúa, os planetas e, se hai sorte, algunha que outra estrela fugaz.

actividades galicia astronomia

Fuente: Ciudad de la Cultura

-Outro evento que non podedes perder é a Maker Faire Galicia, a maior feira de inventores do mundo onde poderedes ver os proxectos innovadores máis fascinantes da robótica, ciencia, música e como no, os proxectos dos nosos Makers. Ademais poderedes participar en gran cantidade de talleres e acudir a conferencias moi interesantes.

actividades galicia tecnologia

-A USC tamén organiza eventos puntuais de divulgación científica. Algúns deles son a xornada de demostración de tecnoloxía de CiTIUS, “Inside the lab”, ou as Xornadas de portas abertas nos centros de investigación singulares onde os cidadáns están invitados a coñecer dunha forma máis divertida grandes proxectos de investigación que se están a realizar na nosa universidade.

-Para os maiores tamén recomendamos o Pint of Science Festival, un formato de divulgación científica moi peculiar, xa que ofrecen charlas moi divertidas e emocionantes de física, bioloxía humana, tecnoloxía… e todo iso nos bares da cidade.

actividades galicia ciencia

Fuente: Pint of Science Festival

Por sorte, cada día atopamos máis actividades do ámbito científico-tecnolóxico en Santiago. E se é así é grazas a que a demanda deste tipo de actividades tamén vai aumentando e iso só pode significar algo bo. ¡Sigamos así!