Actividade extraescolar de MiniMakers



MiniMakers é unha actividade dirixida a nenos/as de 4 a 8 anos na que desenvolvemos, a través da experimentación, a creatividade, a intelixencia emocional, o pensamento lateral e dedutivo, o traballo en equipo, a resolución de problemas (Design Thinking) e a comunicación (Storytelling). Para iso apoiámonos tanto en materiais reciclados ou básicos, como nas novas tecnoloxías (robótica, programación ou impresión 3D), orientándose estas como ferramentas e non como un fin en si mesmas.

Contamos con 4 grupos, MiniMakers 1, 2, 3 e 4, onde nenos e nenas aprenden, segundo o seu estadío do desenvolvemento, conceptos básicos relacionados coa enxeñería, a ciencia e o deseño como mecánica, robótica, bioloxía, deseño 3D ou programación, o que lles prepara para no futuro dar o salto ás actividade de Makers, BioMakers ou GameMakers, dependendo das súas inquedanzas.