Actividade extraescolar GameMakers



GameMakers é unha actividade dirixida a nenos/as a partir de 10 anos na que se integran diferentes campos como o deseño, a arte, a fotografía, o storytelling ou a programación, para crear videoxogos en diferentes plataformas dixitais. Coñeceremos a lóxica dos xogos e a súa historia, crearemos personaxes e desenvolveremos guións para posteriormente programar e compartir con outros gamemakers os proxectos realizados.

Ademais de potenciar a creatividade, o traballo en equipo ou a capacidade de resolución de problemas, nesta actividade tamén reflexionaremos sobre a importancia dos valores e a ética á hora de xerar un contido dixital responsable, algo fundamental xa que os videoxogos son unha ferramenta educativa moi potente.