Actividade extraescolar BioMakers



BioMakers é unha actividade dirixida a nenos/as a partir de 8 anos na que achegamos ao noso alumnado á ciencia de forma divertida, aprendendo a metodoloxía investigadora e aplicándoa aos diferentes ámbitos científicos, como a bioloxía, a física ou a química. Como bos makers construímos as nosas propias ferramentas e, durante o proceso, aprendemos sobre deseño, materiais, impresión 3D, programación ou robótica.

Contamos con 5 grupos, BioMakers 1, 2, 3, 4 e PRO, nos que a complexidade dos proxectos vai en aumento, así como das ferramentas que utilizan para desenvolvelos. O noso obxectivo é potenciar as habilidades para que poidan ser investigadores/as nun futuro onde a ciencia e a tecnoloxía irán da man e o traballo en equipo, a creatividade e a capacidade de resolución de problemas serán claves.