Descrición

GameMakers é unha actividade trimestral dirixida a nenos/as a partir de 8 anos na que se integran diferentes campos como o deseño, a arte, a fotografía, o storytelling ou a programación, para crear videoxogos en diferentes plataformas dixitais.

Coñoceremos a lóxica dos xogos e a súa historia, crearemos personaxes e desenvolveremos guións para posteriormente programar e compartir con outros/as creadores/as de videoxogos os proxectos realizados.

Ademais de potenciar a creatividade, o traballo en equipo ou a capacidade de resolución de problemas, nesta actividade tamén reflexionaremos sobre a importancia dos valores e a ética á hora de xerar contido dixital responsable, algo fundamental xa que os videoxogos son unha ferramenta educativa moi potente.

Clases online de 1:30 hora de duración

Martes de 20:00 – 21:30

Dende o 12 de xaneiro ata o 23 de marzo

Certificado Maker

50€ mes*

*Podes facer o pago mes a mes mediante tarxeta ou por transferencia bancaria. Se prefires domiciliar os recibos simplemente ponte en contacto con nós a través de lab@vermislab.com e nos encargamos de todo.

Especificacións técnicas:

  • Conexión a Internet.
  • Micrófono.
  • Cámara web (opcional).
  • Plataforma Scratch.
  • Mozilla Firefox ou outro navegador.