O inicio do curso sempre é sinónimo de reencontros, volta á rutina, material novo e, en ocasións, nervios e poucas ganas. Xa vos comentamos algúns trucos para unha volta ao cole más sinxela e divertida. Hoxe traémosvos este post onde podedes atopar manualidades para realizar cos vos/as fillos/as que farán que empezen o cole con máis ganas.

Realizar actividades deste tipo en familia antes do inicio das clases, axudará aos máis pequenos/as a aprender a valorar o material escolar. Ao mesmo tempo desfrutaredes xuntos dun tempo de calidade antes de que os seus horarios cambien e a rutina empece. 

A continuación propoñémosvos varias actividades con material reciclado, que son ideais para ir sembrando a semente do coidado do planeta no teu fillo/a. Ademais fará coas suas propias máns o seu material escolar, mentres traballa a motricidade fina e pon a proba a súa creatividade.

1. Un organizador para libretas

Para almacenar as libretas e os libros do novo curso podedes construir un organizador reutilizando unha caixa de cartón. Elixide o tamaño e o grosor da caixa que prefirades para adaptalo ás vosas necesidades. Revisade na cociña, sempre hai algunha caixa de cartón grande a punto de vaciarse!

Cortade a caixa coas medidas que necesitedes, reforzádeo con auga e papel de periódico e… a decorar! Tela, pegatinas, pintura… todo vale! Aquí podedes atopar as instrucións paso a paso. 

2. Una hucha para os seus aforros

Podedes crear unha hucha na que gardar os seus aforros e así poder mercar iso que tanto lle gusta. Só necesitaredes unha botella de plástico baleira e moitas ganas de crear!

Aquí tedes un vídeo para ver un exemplo do paso a paso, pero podedes decorar a vosa hucha como queirades.

hucha cerdo actividad niños

3. Unha libreta personalizada

Ir á tenda e mercar as libretas está ben pero tamén podedes facer unha vós mesmos/as. Será única no mundo! Para construíla necesitaredes cartón fino ou cartulina, fío e papeis. Ademais podedes reutilizar follas que vos sobraran de libretas que xa non usades, tan só necesitaredes cortalas á mesma medida. Para encuadernalas podedes consultar aquí cómo facelo.

A parte máis divertida ven agora… decorar! Poñede a proba o/a artista que levades dentro deseñando a portada!

4. Un estoxo con botellas reutilizadas

Para empezar o novo curso necesitará un estoxo para gardar os seus lapis e con esta manualidade terá o máis orixinal de toda a clase! Para construilo só necesitaredes dúas botellas de plástico do mesmo tamaño, unha cremalleira e un pouco de maña. 

Aquí podedes ver o paso a paso. 

vuelta al cole estuche niños

5. Un calendario VermisLab

En VermisLab temén empezamos un novo curso e traémosvos unha sorpresa. Creamos o calendario VermisLab! Agora podedes descargalo e imprimilo na casa para que poidades planificar os primeiros meses do curso. Poderedes anotar as excursións, aniversarios, festas, tarefas… e tamén as vosas actividades en VermisLab. En cada folla hai un espazo para que o decoredes cada mes ó voso gusto.

Fai click aquí para descargalo.